O que queira ser desgrazado,
que se anime e sexa o meu compañeiro
polos camiños de Santiago!
Que leve dous pares de zapatos
e unha escudela cunha cantimplora.
Que leve un sombreiro de á ancha
e tamén unha boa capa
gornecida de coiro.
Tanto se chove como se neva ou sopra o vento
para que o aire non a leve.
Que non lle falte o fardelo e o bordón,
e que non esqueza confesar,
que estea confesado e coa penitencia cumprida!
Chegado a terra estranxeira,
Non atopará ningún sacerdote alemán.
Un sacerdote alemán pode que o atope,
mais non saberá onde deberá morrer
ou dicir adeus á súa vida,
se morre no estranxeiro
enterrarano á beira do camiño.
Así pois pasamos por Suíza,
aí dannos a benvida,
e dannos de comer,
acóllennos e cóbrennos quentándonos,
indícannos o camiño a seguir.
Despois pasamos a terra estranxeira,
país que os irmáns non coñecemos,
temos que marchar a outro país,
imploramos a Deus e a Santiago
e á Nosa Señora.
Hai cinco montes en terra estranxeira,
que os peregrinos coñecemos ben:
o primeiro chámase Ruzevalle,
a todo irmán que o pasa,
as fazulas enmágrecenlle.
En Santiago perdóanse o castigo e a culpa.
O bo Deus sexa bondadoso connosco
dende o seu excelso trono.
A quen rende preitesía a Santiago,
que o bo Deus llo recompense.