A sección Textos ofrece un caderno de apuntes que, ora literarios, ora de carácter testemuñal, apuntalan a topografía cultural e lingüística dos Camiños a Santiago en Europa.
Aquí atópanse reunidos anacos de fontes históricas, estudos lingüísticos e etnográficos, fragmentos de novelas, relatos, lendas e algún conto popular, así como poemas, reflexións ensaísticas,
autobiografías de viaxeiros e peregrinos, crónicas de camiñantes e mesmo algunha narración de aventuras. Quer relatos imaxinarios, quer notas persoais, esta sección aporta exemplos
representativos de toda unha escritura do Camiño viva dende hai séculos en todas as linguas que se falan alá por onde este percorre Europa e que hoxe en día cobrou forza de forma abraiante. Na
páxina de inicio pódese atopar o Atlas cultural dos Camiños de Santiago, que contén outros textos ordenados segundo os lugares aos que fan referencia.